Día Das Letras Galegas 2013

Hai 150 anos que tal día como hoxe publicouse “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro. Este poemario siginificou o comezo dunha nova etapa para a poesía galega e para a creación literaria na nosa lingua, marcando o rexurdimento cultural do galego.

Cen anos despois, a Real Academia Galega instituíu o 17 de Maio como o día das nosas letras, co único obxectivo de rendir homenaxe a tod@s aquelas persoas que apoian a creación literaria do galego e defenden a nosa lingua e cultura.

Tódolos anos ríndese homenaxe a unha personalidade diferente. Este ano conmemórase a obra do escritor e dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

¡Feliz día da nosa lingua a tod@s!

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *